Seccións

O perfil profesional da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

Un ano máis, a Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) celebrou un encontro co alumnado de terceiro curso do Grao en Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa finalidade de ofrecerlles unha visión práctica e actualizada das diferentes áreas de actuación e oportunidades laborais no campo da psicoloxía aplicada ao mundo do traballo.

 

A sesión tivo lugar o 6 de febreiro no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC e contou coa participación de Paloma Rodríguez Puíme (G-06303), Técnica xeralista de persoas en Orienteed. Durante a súa intervención, titulada «A empresa, a tecnoloxía e os RRHH», compartiu a súa experiencia sobre as dinámicas actuais nos Recursos Humanos, destacando especialmente a integración das competencias psicolóxicas no exercicio profesional dentro do sector tecnolóxico. O debate posterior centrouse na relevancia da formación continua e a innovación no ámbito laboral.

 

O obxectivo desta iniciativa é achegar o mundo da empresa e das organizacións ao estudantado. A través do relatorio de profesionais de diferentes áreas e organizacións abórdanse, entre outros aspectos, as principais funcións e tarefas que desenvolven as psicólogas e os psicólogos do traballo no seu día a día.

Spread the love
Sesión Interactiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións