Comisións

O mes de xuño celébranse dúas novas actividades do Espazo de Autocoidado
Imaxe Adestramento e Cultivo da Compaixón

Durante o mes de xuño o Espazo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza dúas novas actividades, dirixidas a todas as persoas interesadas que desexen participar.

 

María Noel Anchorena

María Noel Anchorena

O 6 de xuño, a través da plataforma online Zoom, celebrarase o Webinar «O cultivo da presenza na vida diaria», impartido por María Noel Anchorena, Directora da Formación de Instructores de MBSR para Latinoamérica como membro do Global Mindfulness Collaborative (GMC) e Directora do Programa Internacional de Certificación en Mindfulness e Compaixón en Psicoterapia. Neste webinar explorarase xunt@s que é mindfulness, as diferentes formas en que se pode practicar este tipo de meditación, cales son os seus compoñentes e os beneficios que ofrece a integración desta conciencia na vida cotiá.
Podes atopar máis información na web do Colexio.

 

 

Berta Fernández Méndez

Berta Fernández Méndez

Ana Isabel Martínez Arranz

Ana Isabel Martínez Arranz

Por outra banda, o 18 de xuño terá lugar o Programa presencial intensivo de Adestramento no Cultivo da Compaixón na Casa Europa da USC en Santiago de Compostela. Un curso intensivo deseñado para as persoas que non dispoñen do tempo preciso para participar no curso de 8 semanas. O curso ten como obxectivo desenvolver as calidades de compaixón, a empatía e o amor cara a un/ha mesmo/a e cara aos demais. Será impartido por Ana Isabel Martínez Arranz, Psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias e membro da Comisión Coordinadora que xestiona e coordina o Espazo de Autocoidado do COPG; e Berta Fernández Méndez, Psicóloga Clínica que exerce no Centro Cambio Psicoloxía en A Coruña e máster en tratamentos psicolóxicos baseados en Mindfulness e Compaixón de AEMind. Na web do Colexio podes atopar máis información.

Spread the love
Imaxe Adestramento e Cultivo da Compaixón