Grupos

O GIPCE participa cun relatorio na II Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL
SAUDEPOL

O pasado 28 de abril celebrouse en Vigo a II Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, na que o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG participou coa ponencia «GIPCE. O traballo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias do COP e autocoidados en emerxencias», presentada por Mª Carmen González Hermo, membro da Comisión Coordinadora do GIPCE.

A xornada, organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Guardia Civil AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia, destacou a importancia da sensibilización entre o persoal da forzas e corpos da seguridade e os servizos de emerxencias fronte aos riscos psicosociais do seu labor. Nesta liña referiuse á necesidade de impulsar accións formativas e divulgativas para afondar no apoio psicolóxico e no manexo do estrés.

Spread the love
SAUDEPOL
SAUDEPOL