O 24 de marzo, a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicedecano, Hipólito Puente Carracedo, mantiveron unha xuntanza co secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Educación, José Luis Mira Lema. Neste encontro, expuxéronlle o traballo que se está desenvolvendo en Galicia no proxecto de investigación estatal PsiCe, “Prevención dos problemas emocionais no contexto educativo: eficacia do protocolo unificado para o tratamento transdiagnóstico para adolescentes”.
A medida que avanza a investigación, estase consolidando a hipótese inicial da influencia que os problemas emocionais do alumnado teñen na súa vida académica, e a necesidade de contar con apoio psicolóxico no contexto educativo.