Destacado

O COPG reúnese coa alcaldía de Allariz

O 22 de decembro, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reuniuse  co tenente de alcalde de Allariz, Bernardo Varela, no marco da actual campaña de divulgación coa Administración Local, orientada a difundir a importancia e utilidade da psicoloxía no ámbito municipal, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), Mª Rosa Álvarez Prada, expresou ao tenente alcalde a necesidade imperante de que as administracións municipais soliciten maiores recursos á Xunta de Galicia para velar pola saúde mental da cidadanía. Este colexio profesional sostén como imprescindible a presenza de profesionais da psicoloxía en centros escolares, servizos sociais e departamentos de recursos humanos.

 

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia continúa coa súa campaña en distintos concellos galegos co obxectivo de promover un acceso máis amplo á atención psicolóxica para a poboación.

Spread the love