Destacado

Xunta de Goberno do COPG
O COPG reúnese co alcalde de Corcubión
Mª Rosa Álvarez, decana do COPG, xunto con Manuel Insua, alcalde de Corcubión

Mª Rosa Álvarez, decana do COPG, xunto con Manuel Insua, alcalde de Corcubión

O 30 de xuño,a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reuniuse co alcalde de Corcubión, Manuel Insua Insua, no marco da campaña de divulgación que vén realizando coa Administración local, co obxectivo de difundir a necesidade e a utilidade da psicoloxía no eido municipal.. A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, trasladou ao alcalde a necesidade de que as administracións municipais demanden máis recursos á Xunta de Galicia para coidar a saúde mental da cidadanía. Desde este colexio profesional considérase indispensable a disposición de psicólogos e psicólogas nos centros escolares, servizos sociais ou departamentos de recursos humanos.

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, continúa así coa súa campaña nos distintos concellos galegos coa intención de incidir na accesibilidade da atención psicolóxica á cidadanía.

 

Spread the love