
Mª Rosa Álvarez Prada e Samuel Lago Ozón
Este 10 de decembro, con motivo de retomar as visitas aos gobernos municipais coa fin de dar visibilidade á profesión, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reuniuse co alcalde de Cambados, Samuel Lago Ozón. A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, trasladou ao alcalde a necesidade de que as administracións municipais demanden máis recursos á Xunta de Galicia para coidar a saúde mental da cidadanía. Desde este colexio profesional considérase indispensable a disposición de psicólogos e psicólogas nos centros escolares, servizos sociais ou departamentos de recursos humanos.
A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, continúa así coa súa campaña nos distintos concellos galegos coa intención de incidir na accesibilidade da atención psicolóxica á cidadanía.