Destacado

Programas de Atención Psicolóxica en materia de violencia de xénero
O COPG renova o convenio coa Xunta de Galicia en materia de violencia de xénero

Un ano máis o COPG vén de asinar coa Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia o convenio de colaboración do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres Vítimas que sofren de Violencia de Xénero (PAPMVX) e o Programa «Abramos o Circulo». Unha colaboración que ten dúas liñas de intervención; para aquelas mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero, e complementariamente, a menores e outras persoas dependentes delas que teñan pasado pola mesma situación. E tamén atención psicolóxica especializada e de apoio dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas nas relacións coa súa parella e coa súa familia, e desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.

Podes atopar máis información de ambos programas no seguinte enlace:

Programa PAPMVX
Programa Abramos o Círculo

Spread the love