A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), Mª Rosa Álvarez Prada xunto co presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde, Xacobe Abel Fernández García, mantiveron unha xuntanza co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, coa Subdirectora Xeral de Atención Primaria, Mª Sinda Blanco Lobeiras, coa Directora de Recursos Humanos, Ana Comesaña, e José Flores Arias, xerente do Sergas, para abordar a atención da saúde mental no Sergas e avaliar a implantación do Plan Estratéxico de Saúde Mental 2020-2024.

Desde o COPG trasladáronse as inquietudes na falta de recursos asistenciais en saúde mental, a través dun informe, que recolle as necesidades como a aposta decidida pola psicoloxía clinica na atención primaria, o reforzo das Unidades de Saúde Mental, a necesidade de implantar servizos propios de psicoloxía clínica ou a urxencia de incrementar o número de prazas PIR.