Destacado

O COPG presenta unha guía de boas prácticas para a intervención en crise por feminicidio

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presenta a «Guía de boas prácticas en intervención en crise por feminicidio», unha publicación elaborada polos coordinadores da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero, Rubén Villar Trenco e Fátima López Rodríguez, en colaboración co Punto Municipal do Observatorio Regional de Violencia de Xénero do Concello de Torrejón de Ardoz.

Este documento ten como obxectivo ofrecer unha ferramenta práctica e estruturada para a intervención profesional en situacións de alto impacto emocional derivadas de feminicidios, facilitando a abordaxe en crise, a coordinación entre recursos e a mellora da resposta psicosocial. A guía recolle conceptos clave, marco legal, análise do impacto destes sucesos e pautas de actuación antes, durante e despois da intervención, incorporando ademais recomendacións sobre autocoidado profesional.

Con esta publicación, o Colexio busca contribuír á sensibilización sobre o feminicidio como a forma máis extrema da violencia de xénero e proporcionar recursos útiles para profesionais de distintos ámbitos, promovendo unha intervención integral, coordinada e centrada nas persoas afectadas.

Guía de boas prácticas en intervención en crise por feminicidio