O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acaba de presentar unha campaña de sensibilización sobre a Psicoloxía como o perfil profesional axeitado para abordar os trastornos de saúde mental, intentando reforzar que se trata dunha profesión que se basea nunha ciencia con métodos validados e comprobados fronte a outras terapias ou pseudoterapias que non teñen base científica e que poden ser un risco para a saúde da cidadanía.
Nesta campaña tamén se pon en valor o que significa a colexiación como garantía e aval cara a cidadanía, xa que a colexiación é un aval de que o/a profesional cumpre os requisitos formativos, profesionais e legais para exercer a profesión. O Colexio Oficial de Psicoloxía cumpre velar polo exercicio profesional da psicoloxía.