Información Xeral

O COPG pon en marcha o blogue «Desde a Espiñeira | Falemos de Psicoloxía»

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración co periódico Nós Diario, pon en marcha o Blogue «Desde a Espiñeira | Falemos de Psicoloxía», co que facemos difusión deste ámbito científico na defensa da accesibilidade ao coidado da saúde mental das persoas e das comunidades. As colaboracións son de psicólogos e psicólogas colexiadas que asinan cadanseu artigo e que terá un periocidade mensual.

O artigo «Na procura do acubillo: cando a fuxida é a única opción» de Socorro Rodríguez Holguín, vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, inaugura o novo blogue no que poderedes ler un novo artigo cada mes.

Podes acceder ao blogue a través do seguinte enlace: https://www.nosdiario.gal/blog/author/espineira-falemos-psicoloxia

 

Spread the love
Blogue Desde a Espiñeira | Falamos de Psicoloxía
Blogue Desde a Espiñeira | Falamos de Psicoloxía