Destacado

O COPG pide a incorporación de profesionais da psicoloxía educativa nos centro de ensino

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) enviou recentemente unha carta ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez González, para expresar a preocupación pola saúde mental do alumnado galego e para solicitar a creación de prazas específicas para a incorporación de psicólogas e psicólogos no eido educativo.

Na misiva, o COPG destaca a importancia de abordar de xeito integral a saúde mental nas escolas, promovendo medidas específicas desde o ámbito educativo que contribúan ao benestar emocional dos estudantes. O documento remitido está enfocado a proporcionar recursos e apoio adecuado aos menores, nun contexto no que os problemas de saúde mental entre a mocidade son cada vez máis frecuentes.

O COPG expresa a súa confianza en que estas propostas sexan consideradas e valoradas pola Consellería de Educación, sinalando a urxencia de implementar políticas que respondan ás necesidades emocionais e psicolóxicas dos estudantes.