Comisións

O COPG participa nas XXVI Jornadas da Sociedade Portuguesa de Psicologia do Desporto & II Encontro Ibérico de Psicologia do Desporto

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participou nas «XXVI Jornadas da Sociedade Portuguesa de Psicologia do Desporto & II Encontro Ibérico de Psicologia do Desporto» que se celebraron en Oporto os días 3 e 4 de outubro, estas xornadas tiñan como obxetivo proporcionar unha oportunidade única e exclusiva de adquirir e compartir coñecemento na área da psicoloxía do deporte e do exercicio.

Mª Carmen González Hermo, vicesecretaria do COPG e Coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte, presentou o seu póster «Recuperación da actividade física a través da natación en augas abertas en persoas con dano cerebral adquirido».

 

Mª Carmen González Hermo, Coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte.