Este 26 de setembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participou nunha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela, que tivo lugar na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Esta sétima edición tivo como lema ‘Un modelo económico arredor dunha vida saudable’. A feira, organizada por Woman Emprende co apoio do Concello de Santiago, tiña como obxetivo analizar como desenvolver un modelo económico sostible baseado nunha vida saudable, situando ás persoas e a súa calidade de vida no eixo principal.
Ao longo de toda a xornada houbo distintas actividades e mesas redondas que fomentaban un entorno natural e saudable, como a mesa redonda sobre saúde mental na que participou a vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, tamén membro da Comisión Coordinadora do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencia).
Tamén estivemos presentes cun stand para proporcionar información do COPG aos interesados.