Destacado

O COPG expresa a súa solidariedade coa poboación venezolana tras os terremotos

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos trasladar a nosa solidaridade coa poboación venezolana polas consecuencias sufridas por mor dos terremotos que asolaron o país este 24 de xuño. Queremos expresar o noso apoio a todas as persoas afectadas e aos seus familiares e achegados.

Nun momento así a atención psicolóxica de emerxencia coas persoas afectadas permítelles restaurar as súas capacidades para o afrontamento da situación que están vivindo, axúdalles a minimizar o impacto psicolóxico e a previr o posible desenvolvemento de problemas psicolóxicos posteriores.

Compartimos esta infografía con recursos de atención psicolóxica en Venezuela aos que solicitar axuda.