O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Universidade de Vigo veñen de asinar un contrato para a prestación de servizos de apoio psicolóxico ao alumnado desta universidade, coa finalidade de que aqueles estudantes que teñan problemas que afecten ao seu rendemento académico ou á súa integración social na comunidade universitaria poidan recibir apoio psicolóxico para poder integrarse facilmente no ámbito académico. É un programa de atención psicolóxica especializada, financiado pola propia Universidade de Vigo.
Podes atopar máis información deste contrato na nosa páxina web.