Información Xeral

O COPG convoca a XIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

Co obxecto de fomentar a realización de estudos e investigacións no ámbito da Psicoloxía, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca a XIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, para o cal fanse públicas as bases e os anexos aprobados en Xunta de Goberno do 9 de decembro de 2022.

A Beca Siota de investigación en Psicoloxía foi creada pola Xunta Rectora do COPG no ano 1995, en recoñecemento ao labor e a súa dedicación na mellora da nosa profesión, do noso compañeiro Manuel Siota López (falecido en agosto de 1992).

Consultar:
Bases
Anexo I e II

Spread the love
Beca Siota
Beca Siota