Seccións

O COPG coa #SaúdeMentalNoTraballo

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións desenvolveu, neste ano 2023, unha campaña en redes sociais sobre a saúde mental no traballo co cancelo #SaúdeMentalNoTraballo.

O obxectivo desta campaña era poñer de manifesto a necesidade de manter unha boa saúde mental no ámbito laboral, creando unha contorna laboral segura e saudable, non só tendo en conta que o éxito empresarial depende maiormente diso, senón resaltando a importancia do benestar persoal das persoas traballadoras, xa que moito do seu tempo pásase no traballo.

Aínda que as tarefas pendentes e as responsabilidades cara a outros dificultan ter presente estes aspectos, débese preservar o benestar físico e mental das persoas traballadoras, delas mesmas e para coas súas compañeiras. Por iso, esta campaña presentouse como un recurso de referencia que aconsellou, nunha primeira parte, pequenos cambios no traballo e nas persoas empregadas, na súa propia rutina; cambios ou estratexias novas nos equipos de traballo, como segunda parte da campaña; a abordaxe da xerencia en terceiro lugar, e, por último, a cuarta parte centrouse na prevención, en remarcar a importancia dunha cultura preventiva.

Con esta campaña animouse a lograr un gran impacto na saúde e benestar ocupacional.

Descarga todas as imaxes da campaña premendo nesta ligazón: #SaúdeMentalNoTraballo.

Spread the love