Comisións

O COPG celebra o día internacional da mediación cunha xornada sobre mediación escolar

O 20 de xaneiro a Comisión Intersectorial de Mediación do COPG organizou unha xornada baixo o título “Transformando o contexto educativo: o valor da mediación”, un día antes do día internacional da mediación, coordinado pola colexiada Cristina Torrado Tarrío.

A xornada contou cunha apertura por parte da Decana do COPG, María Rosa Álvarez Prada. Tras a mesma, unha conferencia de Carme Boqué Torremorell acerca do valor da mediación no contexto educativo deu paso á intervención de catro centros educativos de primaria e secundaria que compartiron as súas experiencias con programas de mediación.

A xornada pechouse cunha reflexión compartida entre poñentes e asistentes acerca da importancia de favorecer este tipo de proxectos no eido escolar como xeito de prevención e intervención na resolución de conflitos que da ferramentas ao alumnado e aos docentes tanto no contexto do centro educativo como na vida cotiá.

 

Spread the love