Destacado

Momento da sinatura
O COPG asina un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia para a realización de informes periciais a petición dos organos xudiciais.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia para a realización de informes periciais psicolóxicos a solicitude dos órganos xudiciais en Galicia para o ano 2023. Á sinatura asistiron a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo.

O obxectivo é darlle resposta á elevada demanda de valoracións por parte dos xulgados e tribunais en materia de familia. Elaborarase unha listaxe de profesionais da psicoloxía que cumpran os requisitos estipulados, como formación especializada, experiencia na realización de ditames na materia, de familia, entre outros. A función de reforzo exercerase sempre a petición dos xulgados e tribunais, que a derivarán directamente ao COPG.

Podes atopar máis información de como formar parte desta listaxe na nosa páxina web.

 

Spread the love