Destacado

O COPG asina un convenio coa Fundación Deporte Galego para a prestación de servizos de psicoloxía a deportistas DGAN

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asinou recentemente un convenio coa Fundación Deporte Galego para a prestación de servizos de psicoloxía a deportistas DGAN para o ano 2023. Estes servizos psicolóxicos a prestar poderán ser de asesoramento no ámbito da Psicoloxía do Deporte ou de intervención no ámbito sanitario.

En base ao recollido no parágrafo anterior, o COPG elaborará dúas listaxes cos e coas profesionais que cumpran cos requisitos establecidos, segundo a especialidade profesional dos/as mesmos: unha listaxe para o servizo de asesoramento en Psicoloxía do Deporte, e outra listaxe para servizos de intervención no ámbito sanitario, podendo o/a profesional solicitar a súa inscrición nunha ou nas dúas listaxes.

Podes atopar máis información de como formar parte desta listaxe na nosa páxina web.

Spread the love