Información Xeral

O COPG amplía a súa presenza online cun novo perfil en Bluesky

Na procura de mellorar as canles de comunicación e a presenza online, o COPG vén de crear un perfil na plataforma social Bluesky (https://bsky.app/profile/copgalicia.gal)

Esta conta súmase aos perfís xa establecidos noutras plataformas como FacebookInstagramLinkedIn, X e a canle de Whatsapp, onde o COPG supera os 15.000 seguidores en conxunto, o que constitúe a maior comunidade online en torno á psicoloxía en Galicia. A través destes perfís nas redes sociais búscase facilitar unha comunicación máis directa, instantánea e persoal cos membros da comunidade profesional e con aquelas persoas interesadas en temas relacionados coa nosa profesión. Así, podes atopar:

  • Noticias e actualizacións instantáneas: reciben de primeira man as últimas noticias, eventos e actualizacións relacionadas co COPG e coa profesión.
  • Recordatorios de eventos e formacións, asegurando unha maior participación nas actividades organizadas polo Colexio.
  • Enlaces a recursos útiles.

 

 

Spread the love