Destacado

Día Mundial da Prevención do Suicidio
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia súmase á sensibilización para a prevención do suicidio

Durante o mes de setembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fíxose eco do Día Mundial da Prevención do Suicidio, que se conmemora cada 10 de setembro, lembrando unha mensaxe fundamental: o suicidio non é inevitable, pode previrse.

Baixo o lema «Cambiar a narrativa sobre o suicidio», a campaña incidiu na necesidade de romper o silencio e o estigma e avanzar cara a unha cultura de comprensión e apoio. Porque a prevención non entende de datas, é necesario seguir falando, escoitando e acompañando durante todo o ano.

O COPG lembra que, se ti ou alguén da túa contorna precisa axuda, é importante recorrer a profesionais da Psicoloxía, que contan coa formación e as ferramentas necesarias para escoitar, acompañar e axudar. Pedir axuda tamén é abrir unha porta.

📞 024 · Liña de atención á conduta suicida
📞 061 · Urxencias sanitarias
📞 112 · Emerxencias