Información Xeral

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia renova o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para prestar atención psicolóxica especializada de carácter inmediato ás vítimas na situación de urxencia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asina un ano máis un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para prestar atención psicolóxica especializada de carácter inmediato ás vítimas na situación de urxencia nos diferentes escenarios ás posibles situacións de urxencia, en todos os partidos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta quenda de garda é un servizo público e gratuíto para as mulleres e menores aos que vai dirixido.

A iniciativa enmarcase no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Folleto da Quenda de Garda psicolóxica [ver pdf]

Spread the love
Quenda de Garda VX
Imaxe do folleto da Quenda de Garda psicolóxica