Información Xeral

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama que se contemple a atención psicolóxica das persoas refuxiadas
Ante a chegada de persoas refuxiadas a Galicia tras a invasión de Ucraína, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia contactou con distintas administracións galegas para facerlles chegar a súa preocupación por que se contemple a atención psicolóxica dentro dos recursos necesarios na súa acollida.

Así, contactouse tanto coa Xunta de Galicia como coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para solicitarlles información en relación coa atención psicolóxica e incidirlles na responsabilidade de proporcionarlles o acceso a este recurso, debido ao grave impacto na saúde mental das persoas refuxiadas que se ven obrigadas a abandonar os seus fogares en circunstancias traumáticas.

Spread the love