Información Xeral

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entrega os premios literarios “Rosa de Cen Follas”

Este martes 12 de decembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fixo entrega, na súa décimo quinta edición, dos premios “Rosa de Cen Follas”.

Na categoría de narrativa, o galardonado foi Luis Rodríguez Cao, polo texto titulado Unha psicóloga, mentres que o xurado decidiu que a mención especial nesta mesma categoría, sería para A humanidade: que facer con ela de Evaristo Díaz Castro.

Pola súa parte, na categoría de poesía, a autora recoñecida foi María Carou López, pola súa peza A (miña) morriña. Neste caso, a mención especial merecedora foi De pai a fillo, de fillo a pai. Lema de Andrés Sampayo Salgueiro.

Este ano o xurado, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada; a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández; Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura; a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de La Voz de Galicia, Xoel Gómez.

O acto da entrega de premios tivo lugar no Consello da Cultura Galega, tras o acto de benvida aos novos e novas colexiadas e a Asemblea Xeral.

 

 

Spread the love