Este martes 16 de decembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) celebrou a XVII edición dos Premios “Rosa de Cen Follas”, recoñecendo o talento literario nas modalidades de narrativa e poesía. O acto tivo lugar na sede do COPG, en Santiago de Compostela, tras a benvida aos novos colexiados e a celebración da Asemblea Xeral.
Na categoría de narrativa, o galardón principal foi para Concepción López Martín (colexiada G-2981) polo seu texto titulado “O horizonte azul”. Ademais, o xurado concedeu unha mención especial a “No fondo non é tan malo”, de Raquel Feijóo Casas (colexiada G-6675).
En poesía, o premiado foi Francisco M. Lueiro Gutiérrez (colexiado G-6795) pola obra “Ida e volta”.
O xurado, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada; a coordinadora da Comisión de Cultura, Concepción Fernández Fernández; Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da mesma Comisión; a poeta Iolanda Aldrei; e o xornalista Xoel Gómez, destacou a calidade das obras presentadas nesta edición.
Os Premios “Rosa de Cen Follas” continúan a consolidarse como un referente cultural en Galicia, promovendo a creatividade e a reflexión desde a psicología e a literatura.





















