Información Xeral

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias manteñen a súa colaboración de cara a mellorar a atención á saúde mental

O pasado 16 de maio, Mª Rosa Álvarez e Hipólito Puente, decana e vicedecano respectivamente do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, mantiveron unha xuntanza con Alberto Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), enmarcada dentro do espazo de colaboración entre ambas entidades desde fai anos para abordar o convenio de colaboración polo que se manteñen informados aos concellos dos servizos e actividades do COPG en materia de atención psicolóxica integral nos casos de violencia de xénero.

Ambas organizacións coinciden na necesidade de aumentar profesionais da Psicoloxía Clínica nos servizos de Atención Primaria, dando acceso así a unha atención psicolóxica especializada e promovendo a saúde mental, así como incorporar a figura do/a psicólogo/a educativo/a nos centros de ensinanza.

Spread the love
De esquerda a dereita: Hipólito Puente, Mª Rosa Álvarez e Alberto Varela. Foto cedida pola FEGAMP.
De esquerda a dereita: Hipólito Puente, Mª Rosa Álvarez e Alberto Varela. Foto cedida pola FEGAMP.