Destacado

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia condena a violación dos dereitos humanos no conflito bélico en Palestina

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a través deste comunicado a súa condena da guerra, a violencia política, o terrorismo e, en definitiva, da violación sistemática dos dereitos humanos, que se está a producir na Franxa de Gaza e nos territorios palestinos, como consecuencia do conflito bélico entre Israel e Palestina.

Desde esta corporación de dereito público que representa a máis de 3.700 psicólogos e psicólogas en Galicia, ínstase á comunidade internacional para que poña os medios precisos para parar a masacre indiscriminada da poboación civil palestina e apela a que se respecten os dereitos humanos, procurando unha vía de negociación e de acordos de paz que permitan a convivencia entre o pobo israelí e o pobo palestino.

Esta declaración foi acordada na reunión da Xunta de Goberno do 24 de outubro de 2023, na liña da protección dos dereitos humanos que esixe o COPG e que forma parte dos mesmos principios da profesión, tal e como se recollen no Código Ético e Deontolóxico do Psicólogo e da Psicóloga.

Spread the love