Seccións

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia colaborou na 19 Conferencia da Academia Internacional de Psicoloxía Investigativa

Do 12 ao 14 de xuño desenvolveuse na Facultade de Psicoloxía compostelá a 19 Conferencia da Academia Internacional de Psicoloxía Investigativa. Expertos de renome coma David Canter ou David Walsh achegaron claves sobre a realización de entrevistas ou a análise dos espazos en relación á conduta criminal. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia foi colaborador neste Congreso.

A Academia Internacional de Psicoloxía Investigativa (IAIP) foi creada orixinalmente en 2007. Parte do traballo que durante anos desenvolveu o profesor Canter en relación ao avance do perfilamento criminal xeográfico así coma outras ferramentas e técnicas vinculadas a esta área. Todo este desenvolvemento científico sirve como orientación a moitas axencias policiais a nivel mundial. A IAIP contactou con Paulo Marques (Law Enforcement, Justice and Public Safety Research and Technology Transfer Laboratory de Portugal) e co Grupo de investigación do profesor Ramón Arce (GI-1754 da USC), quen organizaron o congreso. Investigadores recoñecidos como Dr. John Synnott, Dra. Maria Ioannou, Dra. Donna Youngs, Dr. Dave Walsh, participaron na elaboración do programa científico.

 

Profesor David Canter na sua conferencia.

 

A inauguración oficial foi ás 15.00 horas coa presenza de Donna Youngs, John Synnott, Paulo Barbora Marques e Ramón Arce. Estruturouse en talleres precongreso, conferencias plenarias e sesións de pósters (modalidade «talking póster») ao longo dos tres días. En concreto os dous talleres explicaron contados sobre perfilado xeográfico e o software Dragnet, impartido por David Canter; e sobre a Entrevista Investigativa, impartido polo profesor Dave Walsh. Houbo un total de 20 sesións plenarias e 32 comunicacións escritas onde se abordaron diferentes temáticas como, por exemplo, a violencia doméstica, a violencia de xénero, a avaliación psicolóxica forense, a ciberviolencia e o ciberacoso ou os timos coñecidos como phishing, para ofrecer a mellor atención psicolóxica posible ás vítimas, o uso de intelixencia artificial para mellorar as entrevistas forenses con vítimas infantís, as novas tecnoloxías na investigación psicolóxica aplicada á loita contra o crime e o cibercrime, a actualización de métodos de investigación as pegadas dixitais que deixan os traficantes de persoas ou as formas de afrontar as ciberagresións, a violencia de xénero, ou as condutas de acoso ou ciberacoso.

Finalmente houbo 3 sesións aplicadas: sobre a avaliación do dano psíquico a través da técnica do Sistema de Avaliación Global, impartida polo profesor Ramón Arce; sobre a entrevista policial a adolescentes vítimas e testemuñas impartida pola profesora Jodi Quas e sobre a Violencia de Género Facilitada por la Tecnología, a cargo de María José Garrido e o seu equipo da Secretaria de Estado de Seguridade.

Neste Congreso colaborou o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, asistindo Dolores Seijo (Presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica) e Manuel Vilariño (Vogal da Sección de Psicoloxía Xurídica).

 

IAIP Leaflet

 

Spread the love
Manuel Vilariño e Dolores Seijo, da Sección de Psicoloxia Xuridica do COPG.