Destacado

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o encontro «Do antonte ao pasadomañá» en Santiago de Compostela no marco do seu 45 aniversario

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou, este pasado venres 26 de setembro, o encontro «Do antonte ao pasadomañá». O acto tivo lugar na Fundación Eugenio Granell, na praza do Toural en Santiago de Compostela.

Este evento enmárcase na celebración do 45 aniversario do COPG e serviu para revisar as distintas etapas da nosa historia, poñer en valor o camiño percorrido e reflexionar sobre os desafíos organizativos e institucionais vividos e por vir.

O encontro contou con dúas mesas:

1ª mesa: “45 ANOS DO COPG: MEMORIA E CAMIÑO”, centrada nos primeiros anos de vida do Colexio e nos procesos de constitución, consolidación e desenvolvemento da identidade
colexial; unha visión sobre os desafíos organizativos e institucionais vividos e por vir.

Concha Fernández Férnandez, José Manuel Pazos Riveiro, María Teresa Hermida Pérez, Mónica Alzate García, José Berdullas Barreiro.

Participantes da mesa:

  • José Manuel Pazos Riveiro, membro da Comisión para a Defensa da Profesión e colexiado G-0001.
  • María Teresa Hermida Pérez, decana do COPG entre 2002 e 2006.
  • José Berdullas Barreiro, vogal da Xunta de Goberno do COPG.
  • Mónica Alzate García, colexiada, docente e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

 

2ª mesa: “TECENDO UNHA PROFESIÓN: AS SECCIÓNS DO COPG”, orientada a examinar a función que teñen desempeñado as Seccións, os seus desafíos actuais e futuros e o papel que teñen tanto na estrutura colexial como no contexto social.

Participantes da mesa:

Concha Fernández Fernández, María Begoña Castro Iglesias, Xacobe Abel Fernández García, Guadalupe Oroña Quintáns, Carlos Montes Piñeiro, María Dolores Seijo Martínez.

  • Xacobe Abel Fernández García, presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
  • María Begoña Castro Iglesias, presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG.
  • Guadalupe Oroña Quintáns, presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG.
  • Carlos Montes Piñeiro, presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.
  • María Dolores Seijo Martínez, presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG.

A moderación correu a cargo de Concepción Fernández Fernández, vogal da Xunta de Goberno do COPG.