O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou, este pasado venres 30 de maio, o foro «Autoritarismo e Liberdade». O acto tivo lugar no Salón Vermello do Pazo de Mugartegui, situado en Pontevedra.
Este evento enmárcase na celebración do 45 aniversario do COPG e forma parte dun ciclo de foros que pretenden abrir espazos para o intercambio de coñecementos sobre os retos da convivencia democrática na sociedade actual.
O foro contou coa participación de persoas expertas destacadas:
-
José Manuel Sabucedo, catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Academia da Psicoloxía de España.
-
María Xosé Agra Romero, catedrática de Filosofía Moral e Política da Universidade de Santiago de Compostela
-
Xosé Hermida, xornalista e corresponsal parlamentario de El País.
A moderación correu a cargo de Xabier Macías Virgós, psicólogo social, decano do COPG entre 1995 e 2002 e colexiado de honra do COPG.

Miguel Anxo García Álvarez, José Manuel Sabucedo, Xosé Hermida, Mª José Agra, Mª Rosa Álvarez Prada, Xabier Macías Virgós, Concepción Fernández Fernández, Mónica Alzate García, Jóse Berdullas Barreiro
No foro xurdiron ideas e análises sobre a democracia e o autoritarismo no contexto actual, onde ambos conceptos están marcados pola forte presencia das redes sociais. Esta é unha das reflexións que xurdiu no debate, como as redes sociais cambian o paradigma político e social. Tamén se dialogou sobre o avance de ideoloxías e discursos que ameazan estes valores fundamentais.
Este evento foi organizado polo COPG en colaboración co Concello de Pontevedra.