Destacado

Falamos
O Ciclo «Falamos» acolleu 10 webinars de persoas colexiadas no curso 21/22

Entre setembro de 2021 ata xuño de 2022, «Falamos», o Ciclo de Experiencias Compartidas do COPG, acolleu un total de 10 webinars con presentacións dos colexiados e colexiadas no que presentaron libros, programas e outras accións que desenvolven na súa práctica profesional.
A partir de setembro continuará este espazo que a Vogalía de Formación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia puxo en marcha en abril de 2021 para compartir aprendizaxes e experiencias entre os compañeiros e compañeiras do COPG, que servise como un punto de encontro para a profesión.

«Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG» ofrece un webinar con carácter mensual, o primeiro xoves de cada mes, no que se poden presentar programas, estudos, investigacións, publicacións, casos clínicos, comunicacións… A intención é dar máis visibilidade ao traballo que realizan as persoas colexiadas e que o Colexio sirva como plataforma para impulsar e amplificar o labor dos psicólogos e psicólogas en Galicia.

 WEBINARS DE FALAMOS, CICLO DE EXPERIENCIAS COMPARTIDAS DO COPG

Os vídeos están dispoñibles na web http://falamos.copgalicia.gal

Podes descargar as bases para participar e o formulario para presentar a túa solicitude se desexas compartir unha presentación.

Spread the love