A Comisión de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o vindeiro 26 de setembro o Webinar «Humanidade compartida: Habitando xuntos o momento presente» a través de Zoom. A inscrición é gratuíta e está dirixido a todas as persoas interesadas.
Será impartido por Claudio Araya Véliz, Psicólogo chileno e Doutor en investigación en Psicoterapia pola Pontificia Universidade Católica de Chile; docente e investigador na Escola de Psicoloxía da Universidade Adolfo Ibáñez e cofundador da Fundación Humanidade Compartida. Instructor dos programas de mindfulness para a redución de esrés -MBSR- e do programa de mindfulness e autocompaixón -MSC.
A humanidade compartida trata sobre a experiencia de conexión empática con outros, xunto co recoñecemento daqueles aspectos que temos en común como seres humanos. Implica o recoñecemento de que todas e todos pisamos a mesma terra, e como seres sentintes, anceiamos sentirnos ben e temos unha aversión ao sufrimento.
Durante a presentación buscarase fundamentar filosófica e cientificamente a perspectiva da humanidade compartida, como unha alternativa para ser desenvolvida e explorada.
Podes inscribirte de xeito gratuíto no seguinte enlace.