No Día Mundial do Vehículo de Movilidad Persoal (VMP) desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Consejo General de la Psicología celebramos esta data dedicada a resaltar a importancia destes medios de transporte sostibles nas nosas cidades. Neste día, queremos centrarnos nos patinetes eléctricos, unha opción cada vez máis popular e cómoda para desprazamentos eficientes e respectuosos co medio ambiente.
A nova micromovilidad chegou para quedar e a DXT recoñeceu recentemente a necesidade de formación, debido aos conflitos que foron xurdindo no uso das vías interurbanas e na convivencia co resto de vehículos.
Ademais, segundo publicou a DXT, 2023 confirmou a tendencia á alza no uso dos vehículos de mobilidade persoal (VMP) e tamén no aumento das cifras de falecidos e lesionados en sinistros nos que se viron implicados estes vehículos. O informe “Análise da Sinistralidade de Vehículos de Movilidad Persoal 2023”, presentado pola Fundación Mapfre e CESVIMAP, analiza os sinistros con VMP publicados nos medios de comunicación -caídas, colisións, atropelos e incendios-. O estudo destaca o aumento en 2023 dun 37% (3 persoas máis) no número de falecidos en accidentes con VMP, entre ocupantes e condutores, con respecto a 2022. Así mesmo, os lesionados alcanzaron o ano anterior a cifra de 187 persoas, dos que 70 resultaron feridos con carácter grave. Ademais, destaca que, nos 297 sinistros contabilizados no informe, o 73% das persoas que rexistraron danos eran homes e que a franxa de idade máis afectada foi a de entre os 15 e os 34 anos. A DXT xa constataba un aumento do 81% nos sinistros entre 2021 e 2022 e un crecemento dos feridos graves.
Estes vehículos, pertencen ao grupo dos máis vulnerables na accidentalidade dos núcleos urbanos. Algunhas das infraccións que se producen ao conducilos, son conducilos baixo os efectos do alcol e/o drogas, distraccións por uso do móbil ou uso de dispositivos de audio, velocidade excesiva, circular polas beirarrúas, circular con máis dun ocupante, non respectar sinais como os stop, semáforos… e outros incumprimentos de normativas. Novamente falamos de comportamentos inseguros que poden levar a que ocorran accidentes. Non só constátase a necesidade de difundir boas prácticas, senón tamén traballar o cambio de actitudes e comportamentos cara a este tipo de infraccións, infundiendo prudencia e respecto entre outros moitos valores.
A educación viaria, é unha ferramenta potente para traballar e conseguir estes obxectivos a través de programas deseñados para iso, onde a PSICOLOXÍA ten a súa función á hora de conseguir estes cambios para a PREVENCIÓN DA ACCIDENTALIDADE.
As cidades na actualidade e a súa mobilidade urbana, por todo o anteriormente exposto, teñen que ser foco de atención da Psicoloxía do Tráfico e a Seguridade dado o incremento de accidentalidade entre os vulnerables. Ten gran influencia a escasa ou nula formación e educación viaria inicial e de reciclaxe e, por tanto, pouca concienciación dos riscos viarios que se asumen neste tipo de colectivos, polo que a psicoloxía faise IMPRESCINDIBLE nestas actuacións.
Os Plans de Seguridade viaria Urbanos inscríbense no marco do Tratado da Unión Europea no que se establece explicitamente que a política común debe incluír medidas que favorezan a Seguridade viaria, tendo tamén como referente o Libro Branco sobre a Política Común dos Transportes (1993) que integra as políticas da UE para a mellora da Seguridade viaria dentro do contexto global da política de transporte, inspirada nos principios de mobilidade sostible. O Plan de Acción dun Plan Urbano de Seguridade viaria, marca uns obxectivos e propostas asi como uns ámbitos de actuación. Entre os seus moitos obxectivos están:
– Fomento da Educación e Formación en materia de Seguridade viaria
– Fomento da Coordinación e colaboración en materia de Seguridade viaria entre organismos, asociacións, empresarios, colectivos, profesionais… e entes locais
– Mellora da atención e auxilio ás vítimas de accidentes e a súa familiares
– Mellora da Seguridade viaria dos usuarios/as máis vulnerables. Estes obxectivos son comúns aos que temos na área de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía.
A PSICOLOXÍA APOIA O USO SEMPRE RESPONSABLE, PERO TAMÉN SEGURO DOS VEHICULOS DE MOVILIDAD PERSOAL (VMP) COMO MEDIO DE TRANSPORTE SAUDABLE, ECOLÓXICO E SOSTIBLE MEDIANTE A INTERVENCIÓN PARA A PREVENCIÓN