Información Xeral

Novo sistema de facturación (Verifactu)

Poñemos no teu coñecemento as novidades e obrigas que comporta a implantación do novo sistema de facturación e que vai ser de obrigado cumprimento para aqueles empresarios e profesionais (persoas físicas e xurídicas) que expidan facturas a partir de xaneiro de 2026 sempre e cando cumpran as seguintes condicións:

– Que non facturen exclusivamente de forma manual.

– Que non estean adscritos ao Sistema de Suministro Inmediato de Información.

– Que non teña domicilio fiscal no País Vasco ou Navarra.

– Que non dispoñan de exención por parte da AEAT.

Os prazos de adaptación ao novo sistema de facturación son:

– Os contribuíntes do Imposto sobre Sociedades, con excepción das entidades exentas: ata 1 de xaneiro de 2026.

– Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e/ou entidades en réxime de atribución de rendas que desenvolvan actividades económicas: ata 1 de xullo de 2026.

Características técnicas e funcionais dos novos sistemas de facturación :

– As facturas deberán ser íntegras, trazables e a proba de manipulacións.

– Incorporación dun código QR ou CSV en cada factura.

– Xerar rexistros seguros, firmados e encriptados que impidan a alteración posterior das facturas.

– Ofrecer a posibilidade de remitir automaticamente a factura á AEAT na modalidade de Verifactu (novo sistema da AEAT para a validación da factura electrónica).

– En VERIFACTU o envío das facturas á AEAT é opcional.

A expedición de facturas poderá efectuarse por calquera medio, sempre e cando se garanta durante todo o período de conservación a autenticidade, integridade e lexibilidade do documento.

As facturas electrónicas serán obrigatorias na relación entre empresarios e profesionais nos prazos establecidos.

Tanto a expedición como a identificación das facturas Verifactu poderanse facer a través de software de terceiros que cumpran co novo Regulamento de Facturación 2024 ou co propio sistema da AEAT, que é de acceso libre e gratuíto para garantir a súa implementación (este último recomendable só no caso de emisión de poucas facturas).

No seguinte enlace da Axencia Tributaria podes obter máis información: Agencia Tributaria: Sistemas Informáticos de Facturación (SIF) y VERI*FACTU

Podes resolver as túas dúbidas no servizo gratuíto de atención telefónica de asesoría fiscal do Colexio (as consultas telefónicas son gratuítas pero se che realizan algún trámite poden pasarche honorarios):

Asesor Fiscal: José Luís Iglesias Sexto

Horario de atención telefónica: Venres de 09.00 a 14.00 horas no 981 588 770

E-mail: despacho@asesoriaiglesias.com

 

Veri*factu - Agencia Tributaria