O luns 7 de febreiro tivo lugar a reunión da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG na que se elaborou a programación formativa para o ano 2022. A Sección ten a intención de retomar a formación en modalidade presencial e ten previsto os seguintes cursos:
- Curso sobre abuso sexual infantil, impartido por Félix López.
- Formación en criminoloxía, impartido por Jorge Sobral.
- Curso de elaboración de informes periciais, impartido por Carmen González Pais.
- Formación en violencia de xénero.
- Formación en violencia nas parellas do mesmo sexo.
- Formación en avaliación forense no traballo ou mobbing.