Grupos

Nova newsletter da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología en España

En xaneiro de 2024 comeza a súa andadura a Newsletter (Número 1-Xaneiro 2024) da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología de España, que será publicada semestralmente e será divulgada entre institucións, administracións de ámbito estatal, autonómico e local, ONG´s, universidades, Corpos e Forzas de seguridade, bombeiros e outros organismos implicados nas situacións de emerxencia, catástrofe ou desastre.

Nace co obxectivo de visibilizar o traballo, a experiencia e as actividades que realizamos dende os Grupos de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias dos COP estatais. Ademais, esta publicación busca converterse nunha referencia de consulta para todos/as os/as profesionais da Psicoloxía de Emerxencias. Nela pódense atopar entrevistas, actividades realizadas dende os diferentes GIPCEs e GIPECs, cuestión técnicas de intervencións mediáticas, documentación e bibliografía de interese, investigacións relevantes relacionadas co campo das emerxencias….

O equipo de redacción está formado polo Coordinador Estatal da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes, Javier Torres Ailhaud, e cinco coordinadoras dos GIPCEs e GIPECs: Carmen Arraras (COP Melilla), Sonia Fontecha (COP A Rioxa), Auxi García (COP As Palmas), Cristina García (COP Tenerife) e Ana Mª Núñez (COP Galicia).

Pódese consultar o primeiro número no seguinte enlace: https://www.cop.es/Emergencias/NEWSLETTER1-ENERO2024.html .

 

Spread the love