Información Xeral

Nova Edición Extraordinaria FOCAD 2025 (Xullo-Setembro)

O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.

O Consejo General de la Psicología de España ten en marcha un Programa de Formación Continuada a Distancia FOCAD en Psicoloxía coa finalidade de promover a actualización científico-profesional dos psicólogos e psicólogas colexiados e colexiadas en diferentes campos da intervención psicolóxica (Psicoloxía Clínica e da Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, Psicoloxía da Intervención Social, Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade etc.).

O programa consiste no estudo, e avaliación dos coñecementos, de diversos materiais educativos elaborados por prestixiosos/as psicólogos/as académicos/as e profesionais. Os/as psicólogos/as que superen dita avaliación obterán o correspondente certificado de 20 horas (2 créditos).

Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, van ofrecer progresivamente os cursos das 57 edicións realizadas ao longo destes 16 anos, revisadas e actualizadas. Se xa realizaches a primeira edición destes cursos, e deséxalo, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.

A continuación presentamos a EDICIÓN EXTRAORDINARIA 2025 (XULLO-SETEMBRO 2025), cos cursos das tres edicións do FOCAD correspondentes ao ano 2024 que podes descargar e imprimir para o seu estudo, a través da páxina web oficial do FOCAD http://www.focad.es/, mediante clave personalizada (número de colexiado e NIF persoal), tal e como indica o espazo de axuda.

Desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2025 poderás contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.

NOVA EDICIÓN EXTRAORDINARIA FOCAD

  • FUNDAMENTOS DE PARENTALIDAD POSITIVA.
  • A MEDIACIÓN INTERXERACIONAL EN CONFLITOS FAMILIARES. ESTRATEXIAS E TÉCNICAS DE INTERVENCIÓN. 
  • PSICOLOXÍA DO DEPORTE: RENDEMENTO, LESIÓNS DEPORTIVAS E “GALAXIA” DE FACTORES INFLUENTES.
  • INFLUENCIA DAS EMOCIÓNS NA APRENDIZAXE E CRECEMENTO PERSOAL.
  • PSICOLOXÍA DO TRABALLO E O IMPACTO NA TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS ORGANIZACIÓNS.
  • A CONDUTA SUICIDA. INTERVENCIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO.
  • O SISTEMA EUROPSY E PROCESOS DE SUPERVISIÓN PARA A CERTIFICACIÓN EUROPSY EN PSICOLOXÍA DO TRABALLO E DAS ORGANIZACIÓNS (PTO). 2ª Edición actualizada
  • AVALIACIÓN PSICOLÓXICA E TECNOLOXÍA: CLAVES PARA UNHA UTILIZACIÓN RESPONSABLE.
  • TRATAMENTOS PSICOLÓXICOS PARA A INTERVENCIÓN TEMPERÁ EN PSICOSE.
  • FAMILIAS QUE CONTAXIAN. MEDO, RESILIENCIA E ESPERANZA EN TEMPOS DE PANDEMIA.
  • AUTOLESIÓNS E INTERNET.
  • ABORDAXE INTEGRAL PARA O ENVELLECEMENTO SAUDABLE NA DISCAPACIDADE INTELECTUAL.
  • PREVENCIÓN ESCOLAR DO CONSUMO DE SUBSTANCIAS.
  • INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA E PSICOSOCIAL A TRAVÉS DA ACTIVIDADE FÍSICO-DEPORTIVA CON SOLICITANTES DE PROTECCIÓN INTERNACIONAL.
  • INTRODUCIÓN Á PSICOLOXÍA PERINATAL.
  • DOR CRÓNICA: CLAVES PARA A SÚA COMPRENSIÓN, AVALIACIÓN E TRATAMENTO.
  • PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN SOCIAL NUN CONTEXTO DE EXCLUSIÓN.
  • TRASTORNOS DE PERSONALIDADE, TRAUMA E DISOCIACIÓN ESTRUTURAL. 2ª Edición actualizada
FOCAD
FOCAD