Destacado

Día Internacional contra o Acoso Escolar
Manifesto do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no Día Internacional contra o Acoso Escolar

“NON CONTES CONTOS, CONTA O ACOSO”

Con motivo da celebración do Día Internacional contra o Acoso Escolar o 2 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexa transmitir a través do lema “Non contes contos, conta o acoso”, a importancia de visibilizar o problema do acoso escolar nos centros educativos e de emprender medidas concretas para erradicalo.

A elevada incidencia do acoso escolar é por todos e todas coñecida e constitúe un sinal de que, tanto na sociedade, como nas aulas, os niveis de convivencia e de respecto á diversidade non son os que desexaríamos.

É por isto que cómpre que o problema do acoso escolar se visibilice, tanto desde os centros educativos, en particular, a través dos proxectos educativos, de programas transversais e de actividades que eduquen tanto ao alumnado como a toda a comunidade educativa, nunha actitude activa contra o acoso escolar, que propicie romper tabúes ao respecto e que leve a implicarse ante dita problemática; así como tamén nos medios de comunicación e na sociedade, en xeral, mediante campañas de concienciación e prevención.

Somos conscientes de que as denuncias por acoso só son a punta do iceberg do problema real. Debemos intervir e previr implementando programas psicolóxicos e profesionais da psicoloxía nos centros educativos para proporcionar estratexias e que a comunidade saiba actuar ante o acoso que sufren tanto na Educación Primaria como na Secundaria. Comunicar estes feitos é a chave. Facemos un chamamento ás familias, profesorado, departamentos de Orientación e especialistas en Psicoloxía Educativa, e ao alumnado para que denuncie o bullying

Non contes contos, conta o acoso!

 

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Spread the love