Información Xeral

Máis de 80 colexiados e colexiadas acóllense xa á modalidade para persoas xubiladas no COPG

Máis de 80 persoas colexiadas xubiladas decidiron manter a súa vinculación coa profesión a través da modalidade de colexiación na xubilación, que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. En concreto, son 84 membros desta corporación que se acolleron a esta opción que lles permite seguir formando parte activa da comunidade profesional, mesmo tras o remate da súa actividade laboral.

Esta modalidade garante a continuidade do vínculo co Colexio como persoa colexiada xubilada, conservando os dereitos colexiais e accedendo a unha redución proporcional da cota segundo o tempo de colexiación. Ademais, esta cota será totalmente gratuíta para aquelas persoas que levasen máis de 25 anos colexiadas no momento da súa xubilación.

Desde o COPG animamos aos colexiados e colexiadas que esteades a piques de xubilarse ou xa o fixeran recentemente a solicitar esta modalidade e manter a súa relación coa psicoloxía e co Colexio.

Podes tramitalo na sede electrónica do COPG ou solicitar máis información na administración colexial.