Información Xeral

Máis de 1.250 persoas colexiadas participaron no programa formativo do COPG durante o 2024

Un total de 1.266 persoas colexiadas participaron no programa formativo do COPG ao longo do ano 2024, na trintena de actividades ofertadas desde as distintas seccións, comisións e grupos. Foron 200 horas de docencia, que permiten que os psicólogos e psicólogas da nosa Comunidade poidan actualizar os seus coñecementos, consolidar as súas competencias profesionais e garantir unha práctica de maior calidade.

Un 20% destas actividades formativas pertencen aos dispositivos conveniados coa Administración Pública galega, é dicir, o GIPCE, a Quenda de Garda Psicolóxica en Violencia de Xénero e os Programas de Atención Psicolóxica en Violencia de Xénero.

FalamosA esta formación cómpre sumar outras actividades de grande impacto, como foi o I Congreso de Psicoloxía de Emerxencias, “Sostendo as emocións na emerxencia”, celebrado en maio en Santiago de Compostela e organizado polo COPG, ao que asistiron máis de 400 persoas en modalidade presencial e streaming, e no que participaron 44 relatores e relatoras. Tamén continúa «Falamos», o Ciclo de Experiencias Compartidas do COPG, no que cada mes, se ofrece un webinar no que unha persoa colexiada pode presentar unha comunicación tanto ao resto da colexiación como a sociedade xeral, no que se dá a coñecer iniciativas, programas, investigacións, publicacións…

Spread the love
Formación COPG