Información Xeral

Máis de 1.200 persoas formáronse co COPG en 2025

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programou para 2025 unha ampla oferta de accións formativas cun total de 175 horas de formación e máis de 1.200 participantes, consolidando o seu papel como referente na actualización profesional da psicoloxía na comunidade autónoma. Foron impartidas unha trintena de actividades, en formato de cursos, xornadas, encontros e ciclos de conferencias, tanto en modalidade presencial, online e mixta.

A programación abrangue áreas como saúde, educativa, xurídica, intervención social, tráfico e seguridade, traballo e organizacións, emerxencias, mediación ou violencia de xénero e está impulsada polas seccións profesionais do COPG, as comisións e grupos, así como a formación específica dos convenios que se manteñen coa Administración Pública.

Curso Aspectos legais nas emerxencias