Destacado

Mª Teresa Hermida Pérez
Mª Teresa Hermida, distinguida como Colexiada de Honra do COPG
Mª Teresa Hermida Pérez

Mª Teresa Hermida Pérez

O 13 de decembro celebrouse no Centro Abanca Obra Social en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Entre outros asuntos aprobáronse os orzamentos para o exercicio 2023 e aprobouse a proposta da Xunta de Goberno do COPG de outorgar a mención de Colexiada de Honra a M. Teresa Hermida Pérez, colexiada G-1517, que foi decana do COPG entre 2002 e 2006, despois de ser vicedecana entre 1999 e 2002 e secretaria entre 1997 e 1999. Como colexiada ten representado ao COPG e continúa facéndoo en distintos organismos, como é na actualidade no Consello Sectorial de Inclusión Social do Concello da Coruña.

 

 

Tras a Asemblea, tivo lugar unha serie de actos sociais. Por unha banda, foi o acto de benvida a novos e novas colexiadas que se incorporaron ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ao longo do 2022, no que a decana, Mª Rosa Álvarez Prada, lle fixo entrega dun pequeno agasallo de benvida aos novos colexiados e colexiadas que se achegaron ao acto, mentres que a vicesecretaria do COPG fixo unha presentación dos servizos do COPG e animounos a participar activamente.

Benvida aos novos colexiados e colexiadas

Benvida aos novos colexiados e colexiadas

 

 

Laura Dorado Nogueiras, gañadora da categoría de narrativa

Laura Dorado Nogueiras, gañadora da categoría de narrativa

 

Por último, tamén se fixo entrega do Premio do XIV Concurso Literario do COPG “Rosa de Cen Follas”, que nesta ocasión resultaron galardoadas na categoría de narrativa Laura Dorado Nogueiras , colexiada G-5568, coa súa obra “Mais querendo non velo, é” e facendo mención especial a Lidia Rial Calvo, colexiada G-5967, pola súa obra “O meu compañeiro”. Na categoría de poesía resultou gañadora Charo Valcárcel Mato coa súa obra “Marusía”.

 

Spread the love