Seccións

Intervención sobre os riscos psicosociais no traballo
Xornada PRL Riscos Psicosociais: programas de intervención

O próximo 14 de outubro, en horario de 10:00 a 12:00 horas, Carlos Xabier Martínez Corral (G-5338), membro da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, impartirá o relatorio Riscos psicosociais: programas de intervención nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC).

Esta intervención, que se enmarca no convenio de colaboración subscrito entre a CEC e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a promoción da xestión e desenvolvemento das persoas na contorna laboral, centrará a atención na proposta das actuacións preventivas no ámbito da seguridade, saúde e benestar no traballo que deben seguir ás avaliacións dos riscos psicosociais.

A sesión é gratuíta e poderá seguirse de forma telemática desde a aula virtual da CEC. Forma parte do Plan de Formación PRL do ano 2022, que executa a CEC grazas á iniciativa da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e ao financiamento da Xunta de Galicia.

As persoas https://www.cec.esinteresadas poden inscribirse na web da CEC ou directamente, facendo clic aquí.

Programa

Spread the love
Xornada PRL Riscos Psicosociais: programas de intervención
Xornada PRL Riscos Psicosociais: programas de intervención