Seccións

Informacións da Sección
Formación da Sección de Psicoloxía da Intervención Social

– O pasado 29 de setembro o Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG presentou «A carta de Galicia sobre os dereitos das persoas maiores» no VI Foro Internacional «Vivir más, vivir mejor», en Afundación de Obra Social Abanca en Vigo.

 

– O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organiza o próximo 10 de novembro o Curso «Cando o mundo tarda en aparecer. Conversacións sobre a vida tras o intento suicida».   O curso ten como obxectivos, entre outros,  coñecer os principios da terapia breve centrada en solucións en situacións de risco suicida e descubrir como aplicar estes principios na conversación usando diferentes ferramentas para construír solucións.

Será impartido por Jorge Ayala, Psicólogo e psicoterapueta,  máster en psico-oncoloxía pola Universidade de Valencia e unha diplomatura en Antropoloxía Visual no Centro da Imaxe.

Podes visualizar o programa do curso pinchando aquí.

Spread the love
Formación da Sección de Psicoloxía da Intervención Social
Formación da Sección de Psicoloxía da Intervención Social