Seccións

Informacións da Sección
Mª Leonor Galiana Caballero

A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Mª Leonor Galiana Caballero:

    • Asistiú á reunión do Pleno do Consello de Inclusión Social celebrado na Coruña o pasado 27 de outubro.
    • O 11 de novembro asistiú á reunión de vocais da División de Psicoloxía da Intervención Social do Consejo General de la Psicología, celebrada en Madrid.

 

Formación
O vindeiro 26 de novembro, Mª Carmen Patiño García, Psicóloga e Orientadora Laboral, presentará o Proxecto Xuventude Mentoring no que traballa actualmente na Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun proxecto promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (Cixug), entidade integrada pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo.

A presentación do Proxecto ten como obxectivo captar a atención daquelas persoas mozas que estean a rematar ou rematasen xa os seus estudos de grao ou Máster de psicoloxía, de cara a ofrecerlles coñecemento sobre as posibles saídas laborais desta titulación e as formas de acceso ao mercado laboral, cunha alta probabilidade de inserción laboral.

Podes consultar o programa no seguinte enlace.

Podes atopar máis información na páxina web da Xunta de Galicia sobre o Proxecto Xuventude Mentoring.

 

Spread the love
Mª Leonor Galiana Caballero
Mª Leonor Galiana Caballero, presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG