Seccións

Formación do mes de marzo
  • O 21 de marzo, a Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organizou o obradoiro online “Migración: confidencias sobre experiencias vividas”.

O obradoiro pretendía sensibilizar sobre as dificultades e necesidades que manifestan as persoas migrantes e suscitar reflexión encanto a nosa propia responsabilidade no desenvolvemento dunha comunidade, igualitaria e diversa, na que non teña cabida a exclusión social.

Foi impartido por Mª del Pilar Canosa Raña,  psicóloga da intervención social e mediadora comunitaria. Participou en distintos programas destinados a poboación migrante e/ou refuxiada e en proxectos relacionados coa islamofobia de xénero. A experiencia profesional na Fundación Juan Soñador, no programa Teranga de acollida a persoas migrantes, vinculou a súa actividade profesional á mediación intercultural.

  • O 30 de marzo celebrouse o Obradoiro “Detección e intervención en casos de racismo e xenofobia”, organizado pola Sección de Psicoloxía da Intervención Social en colaboración con SOS Racismo Galicia en modalidade online.

Foi impartido por Gabriela Frias Goytia, psicóloga e actualmente forma parte da OID de Sos Racismo Galicia como formadora, elaborando propostas de formacións para diferentes idades e ámbitos sempre desde unha liña antirracista; Esther Lora Rodríguez, licenciada en dereito pola Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e letrada en exercicio desde o ano 2000 comezando o seu traballo con menores en situacións de risco social; e Sonia Mendes da Silva, socióloga e técnica da oficina de Información e Denuncias de Sos Racismo Galicia desde o ano 2019.

O obxectivo do obradoiro é facilitar pautas que axuden a entender que é o racismo e saber detectar vulneracións de dereitos nos procesos cotiás, así como as diferentes ferramentas que temos ao noso alcance como profesionais para intervir e/ou denunciar.

 

Spread the love