Grupos

III Plan de Seguridade Viaria de Galicia

O COPG foi invitado a participar no borrador do 3º Plan de Seguridade Viaria de Galicia (2021-2025) a través do Grupo de Tráfico e da Seguridade. Celebráronse dúas reunións. Despois da primeira realizáronse as achegas pertinentes e na segunda presentouse o borrador. Destaca en relación á Psicoloxía que por primeira vez recolle que ser realizará atención integral ás vítimas de tráfico nos accidentes, a falta de saber en que e como se materializará.

Desde a Comisión Coordinadora do Grupo realizamos unha análise do borrador e presentamos alegacións reforzando as propostas que inicialmente se tiñan enviado, con dez accións relacionadas cos dez bloques do Plan, desde un enfoque integral do factor humano dentro da Visión Cero, participación dos/as profesionais da psicoloxía tanto en investigacións e estudos como en diversos programas de intervención relacionados con réxime penal amaxofobia, consecuencias Long Covid na condución, así como colaboración na prevención.

Spread the love
Reunión do Plan de Seguridade Viaria